Preto dun milleiro de patinadoras participarán na Copa Galega de Show. Celebraráse no Carballiño entre os dias 9 ao 11 de Xullo.
O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.
A Federación Galega de Patinaxe confiou ó Club de Patinaxe Aehde O Carballiño a organización da Copa Galega de show nas súas diferentes categorías: Primeira e segunda de grupos show, cuarteros e grupos show júnior. Será o venres 9 de xullo, o sábado 10 e o domingo 11, nas instalacións do Paco Chao de O Carballiño. Polas mañáns terán lugar os adestramentos oficiais e pola tarde sa competicións.
No evento participarán un total de 60 formacións cun preto dun milleiro de patinadoras e patinadores, entre eles o vixente subcampión do mundo o CPA Gondomar coa súa coreagrafía Saint Mary. Haberá participación das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense, neste caso cos organizadores do Club Aehde e o Ourela da cidade de Ourense. O evento, o máis grande en canto a participación e nivel que se levan celebrado na provincia no mundo da patinaxe, é todo un reto organizativo para o club carballiñés logo de organizar con éxito a Fase de Niveis finais do mes de maio.