Cuestións técnicas descartan o estadio de Espiñedo para albergar a verbena piloto do dia 19, o concello busca novos emplazamentos
Finalmente, non poderá ser no campo de fútbol de Espiñedo tal como se anunciou, a verbena piloto do sábado 19 de Xuño que se celebrará de forma simultánea no Carballiño xunto a outras cinco localidades para probar o protocolo covid da Xunta nas verbenas deste verán.
Dificultades técnicas relativas ao acceso ao interior do recinto deportivo dos vehículos do escenario móbil da orquestra e as atraccións festivas impiden que poida desenvolverse este evento no campo de fútbol de Espiñedo. Os responsables municipais buscan outras alternativas para ubicar esta verbena, barállanse como posibles emplazamentos os campos da festa de Arcos e Mesego ou a zona das Barcias, no parque municipal.