Montañesa adapta á demanda os horarios dos servizos entre O Carballiño e Ourense, con 5 frecuencias diarias en ambos sentidos
Empresa Montañesa, concesioraria do servizo de transporte de viaxeiros entre O Carballiño e Ourense actualiza os horarios dos servizos diarios entre ambas localidades, tratando de adaptarse á demanda existente para cubrir da mellor maneira posible as necesidades existentes.
Desta maneira, son 5 as frecuencias diarias que se ofertan en ambos sentidos de lúns a venres e unha durante as fines de semana.
Saida dende O Carballiño: 7:50 - 9:30 - 11:50 - 14:45 e 19 horas. Sábados e domingos ás 19:45 horas.
Saída dende Ourense: 8:45 - 10:15 - 12:30 - 15:30 e 19:40. Sábados e domingos ás 20:30.