O concello de Avión acometerá obras de ampliación da residencia de maiores, para crear 12 novas prazas de residentes
A Xunta de Goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 14 de Xuño unha achega económica para o concello de Avión, no apartado de cooperación cos concellos, por importe de 200.000 euros, e con destino á obra de ampliación da residencia de maiores.
Desta maneira, o obxetivo é crear 12 novas prazas para persoas residentes, dada a demanda existente, xa que as prazas dispoñibles -32 na actualidade- están cubertas e existe lista de agarda. A residencia de maiores forma parte do centro de Centro de Servizos Sociais Alvetus, que xestiona a Fundación Anduriña, creada polo concello de Avión para a xestión de todos os servizos de carácter social que son depedentes da institución municipal.