350 participantes no IX Maratón MTB O Carballiño-Boborás-O Irixo este próximo domingo 27 de Xuño
O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
A zona cero estará na Praza da Veracruz, onde sairán os participantes ás 9:30 horas, para regresar aproximadamente dúas horas despóis, sobre as 11:30 da mañá do domingo. Entre os participantes, deportistas de primeiro nivel desta modalidade ciclista tanto do ámbito nacional como internacional.
Na media maratón correránse 40 km, e na maratón 65 km en total. Haberá avituallamento en ruta, e aperitivo ao finalizar a competición. Tamén se ofrece aos participantes servizo de duchas e lavado de bicis.