O concello de Leiro proxecta a reforma do alumeado nos Carris, asfalta a estrada Orega-Paredes, e anuncia outras actuacións, cun investimento de 570.000 euros.
O concello de Leiro deberá aportar 107.000 de fondos propios a este lote de obras e proxectos, que ascenden a un total de 570.000 euros, e que se financian na súa maior parte coas aportacións doutras administracións públicas.
O barrio de máis poboación da vila de Leiro, o dos Carris, beneficiaráse da segunda fase da reforma da iluminación pública, e a estrada que comunica as localidades de Orega e Paredes será dotada dun novo asfaltado, na actualidade atópase moi deteriorada, e a veciñanza viña reclamando unha intervención neste vial.
As outras inversións que se inclúen nesta aportación económica que ven de aprobar o concello de Leiro, inclúese o proxecto de mellora do abastecemento de auga ao municipio, e unha nova tubaxe dende o punto de captación de auga no río Viñao. Tamén obras de mellora no campo municipal de fútbol.