Adri Castro, José Carlos Márquez e Cassio, novas incorporacións para un plantel que xa suma 16 futbolístas.
O dianteiro Adri Castro chega dende o Deportivo, no que xogou na útlima tempada, mentres que o carrileiro José Carlos Márquez tamén conta con experiencia nas dúas últimas tempadas en segunda b, tralo seu paso por Getafe B e Villarrobledo. A terceira fichaxe confirmada é a dun vello coñecido para a afección verde, xa que para o centrocampista Cassio -que chega do Ourense CF- será a súa segunda etapa no Arenteiro. Súmanse á fichaxe do ex-Pontevedra Adrián Cruz, anunciada polo club de Espiñedo dias atrás.
Desta maneira, a dirección deportiva comandada por Alex Vázquez continúa traballando na confección do plantel cara a próxima tempada en Segunda RFEF, un plantel no que con estas catro incoporacións xa son 16 os futbolístas que se comprometeron co club, tendo en conta as 12 renovacións do equipo que conseguíu o ascenso.