Cribado para persoas de 16 a 40 anos da comarca do Carballiño e o concello de Avión, o martes dia 20 no polideportivo Paco Chao. O Sergas facilita un enlace para a inscrición.

17, Xullo 2021

O Sergas convoca un cribado poboacional na Comarca Carballiño e o concello de Avión para persoas entre 16 e 40 anos, que terá lugar o martes dia 20 de Xullo no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Pídeselle as persoas que estean nesta franxa de idade, ente os 16 e os 40 anos, que se inscriban a través do seguinte enlace:

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Posteriormente, unha vez realizada a inscrición, as persoas anotadas recibirán citación individualizada a través dun SMS A convocatoria diríxese a persoas con médico no Centro de Saúde dalgún dos seguientes concellos: Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristobo de Cea. Son criterios excluíntes: persoas que teñan superado a Covid-19 con anterioridade ou persoas que estean actualmente en illamento ou cuarentena.

Actualización de datos do sábado 17 de Xullo:

O Carballiño notifica hoxe 84 contaxios activos, 3 máis que onte. Tamén soben os contaxios en Boborás, que chega aos 10 casos, Maside que se sitúa con 7, Cea que ten 4 contaxios activos e Avión, que alcanza os 24 contaxios activos. Non hai variacións no resto dos concellos.