18 de Xullo: O Carballiño (+8) sobe aos 92 contaxios activos, Avión (+2) chega aos 26 casos. Boborás e Beariz tamén incrementan contaxios.
Chegamos ao domingo 18 de Xullo cun novo repunte de coronavirus en varios dos nosos concellos, co Carballiño á cabeza que rexistra hoxe 92 contaxios activos, son 8 máis que onte. Tamén Avión eleva a súa cifra de contaxios ata os 26, que son 2 máis nas últimas horas.
Boborás (+1) chega aos 11 contaxios activos e Beariz (+1) ten 9 persoas con infección activa. Non se rexistran variacións no resto de municipios, que presentan os seguintes contaxios activos: Maside (7) Leiro (7) O Irixo (6) Cea (4) Piñor (3) San Amaro (2) Punxín (0)