24 de Xullo: Record de contaxios activos no Carballiño-Ribeiro, 275 en total. O Carballiño con 130 casos e Avión con 31 son os concellos máis afectados.
Este sábado dia 24 de Xullo marca un record no número de contaxios activos nun dia desde que se declarou a pandemia en marzo de 2020, son 275 contaxios activos os que se rexistran hoxe nas comarcas do Carballiño-Ribeiro.
O concello do Carballiño sigue incrementado contaxios e chega hoxe aos 130 casos, 7 máis que onte. O segundo concello con máis contaxios activos é Avión, que hoxe notifica 31 casos, aínda que por vez primeira nas últimas semanas consigue un descenso no número de casos activos, xa que onte Avión rexistraba aínda 33 contaxios, hoxe ten 2 menos.
Na comarca carballiñesa o mapa do coronavirus ofrece hoxe os seguintes contaxios activos en cada concello: Boborás (19) Beariz (13) Maside (12) Cea (6) Piñor (5) O Irixo (5) San Amaro (2) e Punxín (1)
No Ribeiro, Ribadavia (27) Leiro (8) Carballeda de Avia (4) Cenlle (4) Arnoia (4) Cortegada (2) Castrelo (1) Melón (1) Beade (0)