28 de Xullo: O coronavirus frea no Carballiño (-3) (128) contaxios activos, con tendencia á estabalidade na maioría de concellos.
Os datos dos últimos dias indican que a quinta onda da pandemia está chegando ou xa chegou ao seu pico de contaxios, asi se pon de manifesto no Carballiño que rexistra hoxe 128 casos activos, 3 menos que onte.
Tamén descenden hoxe os contaxios activos noutros concellos: Avión (-2) (35) Leiro (-2) (6) Cea (-1) (5) e San Amaro (-1) (2)
Os únicos municipios que hoxe incrementan o número de persoas con infección activa son Boborás (+1) (24) e Beariz (+1) (11)
Repetimos datos en Maside (13) Piñor (5) O Irixo (4) e Punxín (1)