Touriñan no Carballiño, maxia e visitas teatralizadas en Boborás, humor e música no Irixo e cine en Leiro, na nosa axenda da fin de semana.
Actividades para todos os públicos e sen sair da nosa comarca para esta fin de semana de agosto, na que ademáis de piscina e prais fluviais temos outras propostas para o ocio e o tempo libre.
O Irixo
Humor e Clown con "Isla Letriska", venres 13 ás 21 horas na praia fluvial.
Concerto de música para un público familiar con Pakolas e o seu "Rockeando con Ramona Órbita", domingo 15 ás 18 horas na praia fluvial.
Boborás
Visita teatralizada a Pazos de Arenteiro, venres 13 ás 22:30 horas.
Espectáculo de maxia "As aventuras de Marco Polo" do mago Le Grand Martin. Sábado 14 ás 19 horas no campo da festa de Laxas e domingo 15 ás 19 horas na eira de Vilachá.
Leiro
O Novocine ofrece dúas películas en carteleira: "Bebé Jefazo, negocios de familia" en sesións ás 16 e 18,15 horas; e "A todo tren, destino Asturias" en sesión ás 20:30 horas.
O Carballiño
O domingo dia 15 chega outra vez a O Carballiño o humorista galego "Touriñan" co seu novo espectáculo "Aquí Tou", na programación de verán do concello do Carballiño. O aforo está xa cuberto.