Os Socialistas critican ao concello de Leiro a ausencia dunha programación cultural este verán
Os socialistas de Leiro maniféstanlle ao equipo de goberno que "esta pandemia está a demostrar a importancia da Cultura e por que a Cultura e o acceso á mesma é un dereito que deben garantir os gobernos das diferentes administracións, e a de Leiro non é menos".
Resaltan que a cultura é unha fonte de benestar e saúde para a cidadanía "é algo tan esencial como a auga para o ser humano, sostennos nos momentos difíciles, acompáñanos na celebración, posibilita el encontro cidadán, a vida sen Cultura é menos vida".
O PSdeG de Leiro pon en valor o traballo dos artistas e profesionais da Cultura "sendo coñecedores desta necesidade mostraron a súa xenerosidade facéndonos chegar a Cultura de maneira altruísta durante os meses do confinamento. Un sector fráxil e precarizado; formado no seu maior parte por autónomos e pequenas empresas, pero que supoñen unha parte importante da economía e dinamiza outros sectores como son o Turismo ou a Hostalería e que non podemos deixar caer".
Reflexionan sobre o feito de que "a non celebración das festas que non debe supoñer en ningún caso a limitación das actividades culturais e con iso un novo castigo ao tecido cultural".
Tamén remarcan que "a cultura demostrou que é segura, non se reportaron casos de contagios en actividades culturais.
Por iso é necesario que o noso Concello teña unha alternativa cultural coma se teñen outros municipios da nosa contorna e que realizan todo tipo de actividades culturais, con programacións culturais diversas con danza, música, teatro, circo…. E todo o contrario fai o equipo de goberno do Partido Popular cun total pasotismo pola súa banda e deixamento de funcións".
En cambio os socialistas propoñen que se realice unha oferta cultural dotada con recursos económicos e técnicos suficientes, "que sí os hai, outra cousa é que queira facelo o equipo de goberno co Alcalde á cabeza, con ampliación dos escenarios ao aire libre que se os hai en Leiro, poñemos por exemplo a zona do Salgueiral e mais actividades nos nosos parroquias e pobos. Unha programación para todos os públicos, que teña especialmente en conta aos nosos nenos e novos, ofrecéndolles, o acceso á cultura como unha alternativa de lecer saudable en lugar de criminalizarlles".
Finalmente, os socialistas de Leiro proclaman que "os nosos veciños merecen un Concello que faga unha aposta firme e decidida pola Cultura, comprometéndose a manter aberta a Biblioteca Municipal todos os días dos meses de verán e dotar de programación rica e diversa e non como esta sucedendo agora de brazos caidos e haber que pasa".
"Leiro e as súas xentes merecen un trato digno, ter á súa disposición uns servizos de calidade e que o municipio presente un aspecto vivo, limpo e coidado. os socialistas seguiremos a loitar por Leiro, porque cremos que o noso Ayuntamieno ten un gran potencial a pesar da negativa do alcalde e o seu equipo de goberno a destacalo, os socialistas non imos rendernos e seguiremos dando batalla por mellorar Leiro", subliñan dende o Partido Socialista.