Maside vive a semana de San Vitorio con diversidade de actividades: consulta aquí toda a programación.
Outro San Vitorio sen verbenas, pero a pandemia non impide que o concello de Maside programase un programa diario con actividades para todos os públicos durante toda esta semana, coas xa tradicionais sesións de cine ao aire libre , e unha variada oferta musical para amenizar estas datas tan especiais para toda a veciñanza de Maside. Aquí tes os horarios de toda a programación desta semana:
Luns 23: 17:00 h: "Festivaliño on the road", nas piscinas municipais da Rañoa.
Martes 24: 22:00h: Cine na rúa: "Scooby" (Praza Maior)
Mércores 25: 22:00 h: Cine na rúa: " Los Pitufos: la aldea escondida" (Praza Maior)
Xoves 26: 22:00 h: Cine na rúa: "Padre no hay mas que uno 2: la llegada de la suegra"(Praza Maior)
Venres 27:
10:00 h: Bombas de palenque e Pasarrúas coa Banda de Música A Lira de Ribadavia.
12:00 h: Misa e Procesión.
13:30 h: Concerto da Banda A Lira na Praza Maior.
18:00 h: Feira-Mostra de Artesanía infantil na Alameda.
20:00 h: Tarde de Folc e Troula co grupo "Tanto nos Ten" e a charanga CLK, na rúa Principal e no exterior dos bares.
24:00 h: Sesión de fogo.
Sábado 28:
10:00 h: Bombas de palenque e Pasarrúas coa Banda de Musica de Boborás.
12:00 h: Misa e procesión.
13:30 h: Concerto coa Banda de Müsica de Boborás, na Praza Maior.
18:00 h: Feira-Mostra de Artesanía infantil, na Alameda.
19:00 a 22:00 h: Animación musical coa Charanga Castro Bello.
22:30 h: Noite de Concerto cos grupos "Le Blank", "The Impossiblues", e "Malditos Pendejos", na rúa principal.
24:00 h: Sesión de fogo.
Domingo 29:
16:00-18:00 e 19:00 a 21:00: Animación co DJ Tibu na piscina municipal da Rañoa.