Charlas sobre prantas mediciñais e o dano cerebral adquirido, forman parte do programa de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde no concello de Piñor
O concello de Piñor informa das actividades que se van realizar nos vindeiros dias e que foron propostas na mesa intersectorial no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención (EPSP) no Sistema Nacional de Saúde á que o Concello de Piñor está adherido.
- Charla sobre o dano cerebral adquirido que será impartida pola Asociación de dano cerebral adquirido de Ourense e que terá lugar o luns 6 de setembro ás 19 horas no Centro social de Piñor.
- Charla sobre prantas medicinais que será impartida por Dna. Marina Diéguez Marín ( Farmacéutica en Piñor) e que terá lugar o xoves 9 de setembro ás 19 horas no Centro social de Piñor.
Outra actividade que se está realizando tamén no marco da Estratexia de Promoción da saúde e que foi proposta na mesa intersectorial de Piñor, consiste en facilitar un almorzo diario saudable nas actividades de Diververán: con esta actividade que se estivo realizando durante todo o verán dende o Concello de Piñor, tratouse de fomentar unha alimentación saudable entre os máis novos. Ademais, tamén se pretendeu que os nenos e nenas adquiran o hábito de tomar un almorzo saudable para que despois o apliquen á súa vida diaria.
Proximamente o concello de Piñor dará conta das novas actividades que se realizaran financiadas pola Rede Española de Cidades Saudables, á que tamén está adherido o Concello de Piñor.