O concello do Carballiño convoca unha concentración "de consternación e repulsa" polo dramático suceso da rúa Astureses, terá lugar este sábado 11 ás once da mañá na Praza Maior
O concello do Carballiño emitíu un comunicado no que chama á cidadanía a "unha concentracion de consternación e repulsa polo grave suceso de violencia acaecido na nosa vila". A convocatoria é para este sábado dia 11 de Setembro ás once da mañá na Praza Maior.
A convocatoria chega unhas horas despóis de ir transcendendo as circustancias que rodean ao dramático suceso que mantén conmocionado a O Carballiño, e máis conforme co paso das horas se foron coñecendo os detalles do sucedido, aínda que son varios os aspéctos que deberá aclarar a investigación policial.
Permanece en estado crítico na Unidade de Cuidados Intensivos do Complexo hospitalario de Ourense a rapaza de 14 anos, veciña do Carballiño, que resultou ferida de extrema gravidade tras precipitarse á rúa dende un segundo piso dunha edificación da rúa Astureses, anteriormente foi golpeada cunha barra de ferro e presentaba unha lesión na cabeza. O agresor, outro rapaz tamén veciño do Carballiño, de 13 anos de idade, presentaba unha ferida superficial nun brazo producida por arma branca, foi él mesmo quen chamou ao 112 para comunicar o macabro suceso.
A Fiscalía de Menores abríu un expediente para avaliar a situación persoal e familiar do rapaz e mesmo se observa algunha anomalía no seu entorno, para adoptar as medidas sobre o seu futuro inmediato, que no caso de confirmarse, pasarían por unha tutela da Xunta de Galicia e o seu ingreso nun centro de protección de menores. En ningún caso, e dada a súa idade de 13 anos, poderá ser acusado ou xulgado por causa penal.