A Unión Popular de Langreo, primeiro visitante en Espiñedo na Segunda RFEF, este domingo 12 ás 12 do mediodia.
Partido histórico o que se vivirá este domingo en Espiñedo, en horario condicionado polo convenio asinado polo Arenteiro coa Televisión de Galicia, que retransmitirá en directo o encontro a partir das 12 do mediodia, o visitante, un clásico do fútbol asturiano, a Unión Popular de Langreo.
Cumplénse precisamente 32 anos dende que, tamén en Segunda B, os asturianos visitaran o municipal de Espiñedo, na que fora segunda e derradeira tempada do Arenteiro a finais da década dos oitenta do século pasado militando na categoria na que agora ambos volven encontrarse, daquéla o Arenteiro vencera por 1-0 ao equipo asturiano. Duro rival este Langreo que na primeira xornada venceu no seu campo ao Bergantiños por 3-0.
Nos prolegómenos deste partido o Arenteiro recibirá o Trofeo que o acredita como campión de terceira división da tempada 2020-2021, o título histórico logrado na pasada tempada, e que lle valeu este ascenso de categoria, da que desde este domingo poden disfrutar os afeccionados verdes.