Dimite o alcalde de San Amaro e renuncia á súa acta de concelleiro. Rubén Gómez despídese do cargo cunha carta á veciñanza.
O ata agora alcalde socialista de San Amaro, Rubén Gómez, fixo pública a primeira hora desta tarde a súa dimisión irrevocable como alcalde do concello de San Amaro, ao considerar insostible a actúal situación política no concello, co grupo de goberno fracturado en dous bandos.
Ademáis, comunica a súa renuncia á acta de concelleiro, a través dun escrito no rexistro xeral do concello de San Amaro. Desta maneira, deberá agora poñerse en marcha o procedemento para a elección de novo alcalde de San Amaro, que será xa o terceiro neste concello nos dous anos e medio que levamos de mandato.
No arquivo adxunto, carta de despedida de Rubén Gómez á veciñanza de San Amaro.