6 de Outubro: O Carballiño queda libre de Covid, sen ningún contaxio activo. Na comarca, un único caso en Punxín.
Fai un ano atrás O Carballiño entraba no seu Outubro negro, con aquela explosión vírica coincidindo coa ponte festiva do Pilar que levou a o concello do Carballiño a rexistrar durante o mes de Outubro a incidencia acumulada de coronavirus máis alta de toda España, chegando a sumar maís de 200 novos contaxios en apenas unha semana.
Agora, un ano despóis, neste 6 de Outubro de 2021, O Carballiño consigue quedar libre de Covid, sen ningún contaxio activo, según os últimos datos actualizados por Sanidade. Todos os municipios da comarca permanecen tamén sen contaxios activos, tan so o concello de Punxín rexistra un único caso.