Espazo Común quere auditar o gasto en infraestructuras municipais dos últimos 7 anos, pregúntanse "en qué gastou o goberno de Fumega 90 millóns de euros".
Espazo Común espera contar co apoio dos outros dous grupos políticos da oposición municipal no concello carballiñés para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario da corporacion no que se debata unha moción na que piden "unha auditoria de gasto en infraestructuras municipais". Según as contas de Espazo Común, o goberno presidido polo alcalde Fumega xestionou 90 millóns de euros nos últimos 7 anos.
Pachi Vázquez apela a BNG e PP para convocar este pleno extraordinario no que "o alcalde terá que explicar en qué meteu os 90 millóns de euros, a maioria dos veciños e dende logo a oposición non sabemos en qué están metidos". Defende, ademáis, que durante todo este periodo de tempo non se acometeu ningunha nova infraestructura no concello do Carballiño e enumera algunhos exemplos do "fraude electoral de Fumega, cero euros para o centro de saúde, cero euros para a ampliación do parque empresarial, cero euros para o parque municipal, e podía seguir", enfatizou.
Espazo Común defende que éste é o momento do actúal mandato muinicipal para trasladar esta proposta de auditoria de gasto ao pleno da corporación carballiñesa porque "faltan 17 meses e non hai nin tempo nin cartos para acometar as grandes obras que necesita O Carballiño, cando aínda non sabemos onde vai ubicarse o novo centro de saúde, despóis de varios enganabobos e mentiras", remarcou Pachi Vázquez nesta comparecencia na que estivo acompañado por Adolfo Nogueira e Érika Paz.