Ábrese o prazo de inscrición para as escolas municipais de Danza e Teatro, as clases inicianse o dia 1 de Novembro
O día 1 de novembro volve a Escola Municipal de Danza e de Teatro logo de abandonar a actividade en 2020 debido ás restricións impostas pola pandemia. Agora, a Concellería de Cultura do Carballiño decidiu que é o momento de reactivar as escolas, garantindo que se cumpran as medidas necesarias para que as usuarias e usuarios poidan disfrutar das actividades con total seguridade.
Para elo, se van a transladar algunhas disciplinas como zumba e ritmos latinos ao IES Manuel Chamoso Lamas ( actividades que ademais aumentarán o número de prazas), mentres o resto se manterán no mesmo espazo dos últimos anos. Co fin de facilitar e axilizar as inscricións, o Concello pon a disposición da veciñanza unha plataforma a través dunha APP que se chama Concello do Carballiño, na que tamén se poden facer os pagos. Ademais, co fin de facilitar o trámite a aquelas persoas que o desexen, tamén se poderá facer a inscrición de forma física no departamento de cultura, tal e como se viña facendo nos últimos anos.
O prazo de inscricións abrirase este mércores, 27 de outubro, ás 11h. As disciplinas que se ofertan na escola de danza son zumba, con 3 grupos, pilates con 3 grupos, funky con 3 grupos, ballet con un grupo e ritmos latinos con un grupo de iniciación e outro de avanzado. Por outra beira, a Escola Municipal de Teatro, contará cun grupo infantil, un grupo de iniciación e outro de avanzado. Dende o concello recordan que existe unha bonificación do 20% no importe das tarifas mensuais dos prezos públicos establecidos ós beneficiarios deste servizo a partir do segundo membro da unidade familiar matriculado na mesma escola ou actividade. Para obter a bonificación será necesario entregar polo rexistro do concello unha copia do Libro de Familia, unha vez feita a inscrición.