Concello de Maside e Xunta asinan un convenio para a rehabilitación do colexio vello, e convertílo en centro cultural.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez e o alcalde de Maside José Manuel Iglesias asinaron hoxe o convenio de colaboración, polo que o concello masidao benefíase dun préstamo sen intereses para financiar o proxecto de rehabilitación do edificio do colexio vello da vila de Maside, por importe de 200.000 euros que deberá devolverlle ao IGVS nun prazo de ata oito anos.
Según o avanzado no seu dia polo rexedor municipal en COPE O Carballiño, o concello de Maside financiará con este préstamo o proxecto de rehabilitación desta edificación, coñecida como o colexio vello, sito nas inmediacións da Alameda de Maside e co obxetivo de convertílo nun centro cultural para disfrute da veciñanza masidá.