A Deputación acometerá a reforma da estrada provincial que comunica San Amaro e Maside
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao recen nomeado alcalde de San Amaro, Francisco Redondo, co que analizou as principais necesidades do concello e estudou as posibles vías de colaboración coa institución provincial.
Na reunión, Manuel Baltar anunciou ao rexedor que a Deputación acometerá a reforma da estrada provincial que comunica San Amaro co veciño municipio de Maside, nunha actuación que persegue incrementar a seguridade viaria a través de intervencións como a ampliación da calzada.
Fernando Redondo tamén formulou no encontro a necesidade de financiación para rematar o proxecto de renovación do alumeado público de San Amaro, dentro do plan municipal de mellora da eficiencia enerxética, proposta que o presidente provincial se comprometeu a estudar para a súa execución no próximo ano.
Manuel Baltar, en nome da Deputación de Ourense, expresou ao alcalde de San Amaro os seus parabéns pola nova responsabilidade que asume diante da súa veciñanza, desexándolle “moitos éxitos na súa xestión, que serán tamén os éxitos da veciñanza como principais beneficiarios da acción de do goberno local”.