Naturgy cortará o subministro eléctrico durante dúas horas na mañá do día 2 de novembro no municipio de O Carballiño A interrupción será de 6.00 a 8.00 da mañá e afectará a zonas das rúas 25 de Xullo, Ourense, Paco Luis Bernárdez e Telleira-Corzos.
O Grupo Naturgy, dende a súa compañía UFD Distribución Electricidade SA, vén de comunicar ao Concello do Carballiño que procederá a efectuar unha interrupción do subministro eléctrico en varias zonas da vila o próximo día 2 de novembro, martes. O corte do subministro eléctrico producirase á primeira hora da mañá, entre as 6.00 e as 8.00 horas, segundo sinalou Naturgy ao Concello do Carballiño.
A interrupción do servicio ten como obxectivo efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica . Para realizar os traballos procederase a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode orixinar a referida interrupción do subministro nese intervalo de tempo.
As zonas afectadas son espazos das rúas Avenida 25 de Xullo, Ourense, Paco Luis Bernárdez e Telleira-Corzos. Segundo os datos facilitados por Naturgy ao Concello do Carballiño as instalacións eléctricas sometidas a descargo son:
Avenida 25 de Xullo. Números 2, 6, 13, 47, 55, 61, 63, 65, 80, 82, 88, 90, 108, 110, 9001, 9009.
Rúa Ourense. Números 3, 8, 13, 14, 16, 20, 22, 28, 33, 34, 35, 37, 39, 41, 42, 45, 47, 48, 49, 50, 51, 53, 55, 57, 60, 9003, 9006, 9007, 9010, 9024, 9025, 9029, 9031, 9037, 9038, 9987, 9999.
Paco Luis Bernárdez. Números 3, 11, 19.
Telleira-Corzos. Números 1, 9001, 9004, 9005, 9010.
Para calquera aclaración ao respecto os abonados poden poñerse en contacto co Grupo Naturgy, na súa delegación para Ourense, no número 900 333 999.