A Xunta inclúe a construcción de novos centros de saúde en Boborás e O Carballiño como actuacións prioritarias no Plan de Infraestruturas sanitarias
Asi o avanzou o presidente da Xunta, os novos centros de saúde que Sanidade proxecta para os concellos de Boborás e O Carballiño teñen a consideración de "actuacións máis urxentes" debido as súas necesidades asistencias, ambos proxectos encadranse na "Fase 1" do Plan de Infraesturas Sanitarias previsto para acometer por Sanidade.
No caso do concello de Boborás o procedemento municipal xa está moi avanzado, xa que a Deputación completou esta semana e por delegación do propio concello, o proceso de expropiación forzosa da parcela que ocupará o futuro Centro de Saúde nesta localidade. Os terreos xa están a disposición do concello de Boborás para súa urbanización e cesión á Xunta de Galicia.
No caso do concello do Carballiño, a estas alturas, nin xiquera hai unha decisión tomada por parte do concello sobre a decisión da ubicación da parcela que pide Sanidade para albergar a construcción do novo centro de saúde do Carballiño. Para a semana que ven está prevista que volva reunirse a comisión municipal que leva este asunto que leva atascado desde principios de ano, cando tras unha entrevista do alcalde Fumega co presidente da Xunta trascendeu a intención de Sanidade para dotar a O Carballiño dun novo centro sanitario.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijó avanzou, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta deste venres 29 de Outubro, que o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria contempla a posta en marcha de 37 novos centros de saúde e a ampliación e reforma doutros 14.
Logo de explicar que son 51 actuacións divididas en 3 fases que afectan ao 25% da poboación galega –650.000 usuarios-, Feijóo explicou que esta planificación segue criterios técnicos e asistenciais como: a antigüidade dos centros, o seu estado de conservación ou as carencias funcionais e operativas.
Máis polo miúdo, Feijóo detallou que dentro da Fase 0 figuran 10 actuacións que xa comezaron a súa tramitación. Son 9 centros novos- Abegondo, Santa Lucía na Coruña, Antas de Ulla, CIS de Ourense, A Rúa, Moaña, Soutomaior, Vilagarcía e CIS de Vigo- e a reforma do centro de saúde de Conxo en Santiago.
Na fase 1 abórdanse 21 actuacións que teñen a consideración de máis urxentes por necesidades asistenciais. Trátase de 14 novos centros -Noia, Porto do Son, Ribeira, Sagrado Corazón en Lugo, Pantón, Ribadeo, Boborás, O Carballiño, Muíños, Caldas de Reis, o Grove, Poio, CIS de A Guarda e CIS de Cangas- e 7 reformas - Carballo, para a súa conversión en CIS, Cedeira, Culleredo, A Milagrosa en Lugo, Meira, Outeiro de Rei e Moraña-.
Dentro da fase 2 faranse 14 centros novos - Fene, San Xoán en Ferrol; Fisterra, Malpica de Bergantiños, Teo, Becerreá, Guntín, Allariz, Montederramo, Mariñamansa en Ourense, Barro, Meis, Mos e Ponteareas- e 6 reformas - Vimianzo, Foz, Praza de Ferrol en Lugo, Ribas de Sil, Viana do Bolo e O Rosal-. “Son 20 actuacións que iniciaremos na segunda metade da lexislatura”, dixo Feijóo.
O obxectivo desta programación é, segundo o presidente da Xunta, “saber o que temos que facer, centrar esforzos na ordenación asistencial máis urxente, traballar cun horizonte estable e ir solicitando aos concellos as parcelas necesarias”.
Ademais, tamén se pretende homoxeneizar as normas de deseño e construción das infraestruturas, unificar estándares técnicos e harmonizar os criterios arquitectónicos, de equipamento e medioambientais, entre outros.
Tras salientar que este plan suporá a finalización do novo mapa de centros de saúde de Galicia no que estarían “todos novos ou ampliados ou reformados”, Feijóo concluíu que, xunto coa reforma do mapa de hospitais, “nos permitirá ter un novo Servizo Galego de Saúde e un excelente Servizo Galego de Saúde”.