Fumega móstrase partidario de trasladar á Xunta varias propostas para a ubicación do novo centro sanitario, de momento, confirma dúas opcións: a estación de autobuses e a contorna do actúal centro de saúde.
O alcalde Francisco Fumega declarou en COPE O Carballiño que é partidario de trasladar á Xunta varias propostas de posibles parcelas e que sexan os técnicos de urbanismo de Sanidade os que decidan a que mellor se adapta o proxecto de construcción do futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño.
"De momento temos dúas opcións, a proposta do Partido Popular que é a estación de autobuses e a que facemos desde o grupo de goberno que é onde está o centro de saúde, que conta coa ventaxa de que ten xa unha superficie de 2.074 metros, que lle sairía gratis ó concello, que se completaría coa compra dos terreos da contorna para cumplir coa parcela que se solicita", explicou o rexedor municipal.
A maiores destas dúas propostas, Fumega espera que Espazo Común e BNG fagan as súas "terémos unha reunión de portavoces a finais desta semana ou principios da que ven para ver as aportacións que fan Espazo Común e BNG, e logo que escollan a ubicación máis idónea" subliñou.