Aspadisi chama á solidariedade da cidadanía para completar o diñeiro que precisa para financiar a construccion da súa residencia. Aquí, explicámosche como podes facer a túa doazón.
Como "un soño que hai que facer realidade", asi se referíu Manuel Amil ao proxecto de contrucción da residencia para usuarios e familiares de Aspadisi, de feito as obras xa están en marcha na mesma parcela na que se ubica o Centro Ocupacional que xestiona xa dende fai algunhos anos esta asoación no Carballiño.
Nunha comparecencia na que Amil -directivo e portavoz da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Psíqucos da Comarcas do Carballiño-O Ribeiro- estivo acompañado pola presidenta da asociación, Josefa Rodríguez, deron conta do estado de desenvolvemento no que se encontra este proxecto, que contempla un espazo residencial con 16 habitacións e capacidade para 32 prazas. Na actualidade, o centro acolle a 24 usuarios de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
A construcción do edificio e posteriomente, o seu equipamento e mobiliario, ten un orzamento de 1,2 millóns de euros. A asociación ten comprometido aportacións intitucionais do Concello do Carballiño, Deputación e Xunta de Galicia, asi como de empresas privadas, que suman arredor dun millón de euros,faltarían polo tanto unhos 200.000 euros para completar o presuposto total, e aquí é onde os responsables de Aspadisi agardan a resposta solidaria da cidadanía comarcal "trátase de ser solidarios con quen máis o necesita", subliñou Amil.
Abrindo o arquivo adxunto, encontrarás a información detallada tanto da asocicaicón como deste proxecto, asi como as contas bancarias nas que podes facer unha doazón, que terá unha bonificación fiscal do 80% no IRPF, en cantidades ata 150 euros.