5 de Decembro: O Carballiño suma105 positivos nos últimos 14 dias, 56 deles na última semana
O concello do Carballiño sigue sendo o epicentro comarcal do coronavirus nesta sexta onda da pandemia, aínda que de momento a alta incidencia que presenta O Carballiño apenas afecta aos concellos da contorna, que siguen todos eles aguantando ben esta fase expansiva, con casos illados en todos os municipios da comarca e mesmo en dous deles con nula incidencia, xa que Beariz e Punxín manteñen o contador de casos do coronavirus a cero.
Asi pois, é no concello do Carballiño onde a situación é preocupante, cunha incidencia acumulada a 14 dias que alcanza os 745 casos por 100.000 habitantes, xa que suma 105 positivos diagnosticados nos últimos 14 dias. Se nos fixamos na última semana, observamos que O Carballiño rexistrou 56 novos contaxios, según os datos publiciados pola Consellería de Sanidade.