"O noso nadal está preto de ti", a campaña do Centro Comercial Aberto que repartirá 1.500 euros en premios e ofrecerá diversas actividades de animación
A campaña arranca este xoves dia 16 de Decembro e culminará o 6 de Xaneiro co reparto de premios por importe de 1500 euros en vales de compra, os números premiados serán os que coincidan cos premiados na Lotaría do Neno que se celebra ese dia.
O Carballiño Centro Comercial Aberto ten programadas diversas actividades de animación de rúa, durante algunhas das datas centrais de ambiente comercial e navideño. Asi, o 22 de Decembro de 16:30 a 18:30 horas terémos pasarrúas con trineo de Papá Noel, que logo situaráse na Praza Maior ata as 20 horas para recibir as cartas que persoalmente queiran entregarlle os cativos.
Na véspera de noiteboa, o dia 23 de Decembro haberá novos pasarrúas de 16:30 a 20 horas, e de novo con Papá Noel e unha tarde "especial de neve" na Praza Maor. Aínda quedará para o dia 3 de Xaneiro, apurando as compras de reis, o tren do CCA, que ofrecerá percorridos en horarios de 10 a 14, e de 16 a 20 horas.
Tanto o presidente do CCA, Julián Garriga, como a xerente Noelia Mares, resaltaron o compromiso da asociación co comercio e a hostelería locais durante todo o ano, e tamén "con estas datas de nadal, coa posta en marcha da campaña que máis ilusión desperta cada ano".