A Praza de Abastos sortea 10 cestas de nadal, con record de participación, máis de 10.500 papeletas entraron no sorteo

23, Decembro 2021

Máis de 10.500 compras acreditas por outras tantas papeletas, o que representa un novo record de participación, entraron no sorteo da campaña navideña na Praza de Abastos do Carballiño. O praceiro Eligio González "Quini" e a concelleira de comercio do concello do Carballiño Silvia Baranda exerceron como mestres de ceremonio no sorteo celebrado a primeira hora da tarde no mercado carballiñés.

A caixa de viño de Pazo Tizón foi para Luisa. E as 10 cestas de nadal surtidas con productos do comercio local, premiaron as compras realizadas por Xulio Álvarez Crespo, Maria José, Andrea Fernández Álvarez, Carmen, Nancy Aumada Muñoz, Concepción López García, Peregrina Álvarez, Rosa, Isabel Dapena e Mª Carmen.

Os premiados recibirán unha chamada no seu teléfono móbil para comunicarlle a boa nova.