Centos de familias de toda a comarca achéganse a "Finca Jona" de Loeda, un dos espazos singulares do noso nadal.
A "Finca Jona" de Loeda, no concello de Piñor, é polo tempo do nadal unha visita de "culto" para cada ano máis familias da comarca, e máis alá, sobre todo dende a cidade de Ourense e a veciña comarca do Deza.
Tamén é unha homenaxe de Pepe e Isabel para o seu fillo "Jonathan", aquel mozo que tanto gozaba co nadal.
Situado a carón da estrada N-525 abre a diario, aínda ata pasar a festividade de reis.