O Arenteiro comeza o ano en Espiñedo cunha gran vitoria ante o Avilés Industrial
Os verdes tiveron que xogar toda a segunda parte con 10 xogadores pola expulsión de Portela, unha superioridade que non pudo aproveitar o Avilés ante un Arenteiro con amor propio que non so resistíu senón que foi quen de gañar o partido tras unha magnífica xogada de Eimil que culminou Sylla.
O partido comezou con minutos de tanteo e respecto por ambas partes, aínda que a iniciativa conforme pasaban os minutos era do Arenteiro, que tivo un par de boas ocasións para abrir o marcador, tamén o Avilés era quen de aproximarse con perigo sobre a portería de Diego García, ademáis conforme avanzaba o partido, éste ía gañando en intensidade.
Nunha indecisión da defensa local entro da área, Sylla gañou a posición e foi derrubado por detrás, ante asombro de propios e extraños o árbitro non pitou nada. A unhos minutos do intermedio, serio revés para o Arenteiro pola expulsión de Portela.
Sabedores da inferioridade númerica sobre o terreo de xogo, Fran Justo cambeou o guión, repliegue defensivo con dúas liñas xuntiñas e agardando ter algunha oportunidade, como a que chegou no minuto 69 cando Sylla rematou de cabeza un gran servizo de Victor Eimil. Quedaba aínda moito partido, pero o Arenteiro supo sufrir ante un equipo que, por plantilla e presuposto, está entre os mellores da competición.
ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Germán Novoa, Vitra, Daniel Portela, Joseca Márquez; Renan Zanelli, Álex Fernández (Cassio Góes 74’), Adrián Cruz; Raúl Blanco (Pol Bueso 85’) E Alassane Sylla (Markitos Alonso 81’).
AVILÉS INDUSTRIAL: Davo; Nacho López (Cárdenas 78’), Prendes, Adri Gómez (Hualde 73’), Kilian Grant; Ander Vidorreta, Iago Díaz (Sergio García 63’), Javi Pérez, Cedrick Mabwati (Fernando Rodriguez 73’); Ródenas e Natalio.
Goles: 1-0 Alassane Sylla 69’,
Árbitro: Guillermo Mate Rincón (Comité Casteláno-leonés). Asistentes: Mario Moreno Pena e Antonio Del Bosque García. Non pitou un penalti tan claro sobre Sylla que é dificil que non o vise.
Amonestacións: TA: Germán Novoa 25’; Adrián Gómez 30’, Natalio 45’. Vermella directa: Daniel Portela 45’, tras unha discusión dialéctica con Natalio, o árbitro resolveu expulsando ao capitán do Arenteiro e deixando no campo ao xogador asturiano tras mostrarlle o cartón amarelo.