Entre os 300.000 euros e os 2,5 millóns, os prezos que piden os propietarios polas parcelas que se propoñen para o futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño

20, Xaneiro 2022

Asi o desvelou en Cope O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, os propietarios das parcelas que se barallan poñen prezo ás súas propiedades, que van dos 300.000 euros da posible opción de compra máis barata (a que propón o propio alcalde no entorno do actúal centro de saúde) ás máis caras, que son as dúas siutadas nas proximidades da estación de ferrocarril, (as propostas por BNG, Podemos e Espazo Común) que alcanzarían unha oferta de venda ao concello do Carballiño de ata 2,5 millóns de euros.

Quedaría unha última opción, que sería a defendida polo Partido Popular, que sería a parcela que ocupa a actúal estación de autobuses. Esta última opción é a única que se baralla que non necesitaría un desenbolso económico por parte do concello, xa que a Xunta xa anunciara formalmente a súa disposición a ceder esta propiedade ao concello do Carballiño, unha vez que se execute o proxecto intermodal na estación de ferrocarril.

En todo caso, a decisión do rexedor municipal é remitir á Consellería de Sanidade as catro propostas, e que sexan os técnicos autonómicos os que indiquen cal é a que mellor se adapta ás necesidades do proxecto. Sería despóis cando se negociarían as condicións da operación de compra-venda, se fose o caso, por parte do concello do Carballiño.