O Xulgado decreta o arquivo provisional da denuncia contra o alcalde do Carballiño e outros responsables municipais presentada por un particular polo ático ilegal da Alameda
A titular do Xulgado nº 2 do Carballiño ven de decretar mediante un auto con data deste 19 de Xaneiro de 2022 o sobreseemento provisional das dilixencias previas abertas tras a denuncia presentada por un particular contra o alcalde Francisco Fumega por un delito de prevaricación, unha causa na que tamén estaban investigados os exalcaldes Carlos Montes e Argimiro Marnotes, asi como os exconcelleiros Bernardo García, Manuel Amil e Magín Daparte.
A denuncia centrábase na licenza de obra concedida para unha edificación con fachadas á rua do Paseo e a Alameda e a non execución dunha órde de derrubo dun ático ilegal na citada edificación, que finalmente levou a cabo o promotor no transcurso do pasado ano 2021, tras sucesivos requerimentos do concello do Carballiño dende que se ordenou a paralización da obra no ano 2009.
O auto da xuíza manifesta que "non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que motivou a formación da causa" e decreta o sobreseimento provisional das dilixencias abertas. A resolución xudicial é susceptible de ser impugnada, mediante reposición de recurso no prazo de 3 dias ou de apelación nun prazo de 5 dias.