Rouban dúas noites consecutivas nunha céntrica cafetería do Carballiño.

25, Xaneiro 2022

Trátase dunha cafetería sita nos soportais da rúa Rosalía de Castro do Carballiño, á que visitaron os cacos cun intervalo de apenas 24 horas nas dúas noites da pasada fin de semana.

En ambos casos, conseguiron entrar no interior do local forzando a porta principal acristalada, causando diversos estropicios. Na primeira noite, conseguiron levarse a recadación da máquina "tragaperras" e na segunda noite apoderaronse dunhos 400 euros en efectivo, o importe de propinas que se gardaba nun bote.

Outros establecementos comerciais e de hostelería do mesmo entorno foron obxeto de intento de roubo nestas mesmas últimas noites no Carballiño.