Concello e Deputación estudan novas colaboracións para San Amaro
O presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar achegouse ata o concello de San Amaro para coñecer diversas actuacións financiadas pola entidade provincial, e estudar xunto o alcalde Fernando Redondo novos proxectos para o municipio.
Tras unha visita á casa do concello, na capitalidade municipal, Baltar trasladouse ata a parroquia de Anllo, onde a Deputación contribuíu con 48.000 euros á reforma da cuberta da antiga escola, reconvertida agora en centro social desta parroquia de Anllo.
Xa na localidade do Cruceiro, ambos mandatarios abordaron a necesidade de mellorar a seguridade vial na estrada OU-0303, a via provincial Maside-Valdepeira que atravesa O Cruceiro, onde a veciñanza ven demandando a instalacion de bandas reductoras de velocidade. Ademáis, nesta mesma localidade, o presidente provincial adquiríu o compromiso de mellora da iluminación pública, para reemplazar as vellas luminarias por outras novas coa tecnoloxia Led.