O Carballiño rexistra 3 pequenos terremotos durante a madrugada e mañá deste sábado 29 de Xaneiro. O das 9,41 horas sentírono numerosos veciños da comarca.
Ata por 3 veces tremou a terra no Carballiño durante este sábado dia 29 de Xaneiro, según recolle o Instituto Xeográfico Nacional, con 3 pequenos terremotos con epicentro no municipio do Carballiño.
O de menor intensidade rexistrábase ás 5,24 horas desta pasada madrugada, dunha magnitude de 1,6. Ás 9,41 horas desta mañá de sábado rexistrábase un terremoto que alcanzaba unha magnitude de 2,9 na escala de Richter, cunha profundidade de 1 kilómetro, que foi sentido por numerosos veciños do Carballiño, tamén noutras localidades da comarca, nos concellos de Boborás e O Irixo, según o testimonio do que deron conta a COPE O Carballiño.
Finalmente, unhos minutos despóis, ás 9,44 horas os sismógrafos do Intituto Xeográfico Nacional rexistraron un terceiro tremor de terra, tamén con epicentro no municipio carballiñés, cunha magnitude de 2,4 e unha profundidade de 5 kilómetros.