A Insua dos Poetas da a benvida ao entroido con concursos de disfraces, música e gastronomia, dende as 4 da tarde deste sábado dia 19.
A celebración do entroido na comarca do Carballiño comeza este sábado dia 19 de febreiro na Insua dos Poetas co "entroido dos nenos", unha gran festa infantil organizada pola Fundación da Insua dos Poetas e coa colaboración da Deputación e os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
Desenlvoreráse un completo programa de actividades para todos os públicos, e orientado especialmente aos nenos e nenas da comarca. Haberá actuacións musicais, como a do xovencisimo Nizan, un neno de 8 anos que é un auténtico virtuoso da percusión e presentará o seu espectáculo musical Paco Pakolas. Tamén haberá concurso de disfraces en diversas categorias.
Farán acto de presentación os novos xograres e danzadeiras da Insua dos Poetas, e como fin de festa ofreceráse unha degustación de orellas e filloas de entroido. A entrada será libre e gratuíta.