O tenente-alcalde Eulogio González, entre os aspirantes admitidos para optar a unha praza laboral no concello, "agora sabemos o motivo do pacto de goberno" manifesta o concelleiro Eladio Fernández.
O concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, Eladio Fernández recoñece que podería ser legal "pero non ético" e anuncia que volverá recurrir á Valedora do Pobo para que se pronuncie sobre este asunto.
Poi ben, un dos 14 aspirantes que foron admitidos mediante resolución da alcaldia para optar a unha praza de chofer de tractor desbrozadora é Eulogio González, actúal tenente alcalde do concello de Punxín como concelleiro non asdcrito despóis de abandonar Ciudadanos, a formación politica pola que se presentou nas eleccións municipais de 2019. Posteriormente, chegou a un acordo de cogobernabilidade do concello co alcalde popular Manuel Vázquez "Casalta".
O concelleiro da oposición considera dende todo punto de vista reprobable que para cubrir un posto de traballo en rexime de persoal laboral fixo, vacante no cadro de persoal municipal "se presenten o tenente alcalde e tamén a súa esposa", considera que é unha afrenta á democracia e falta de respecto tanto as persoas que se presentan a esta convocatoria como ao pobo de Punxín.
Eladio Fernández teno claro "agora sabemos o motivo polo que se fixo este pacto de goberno en Punxín", sentenciou o concelleiro.
As declaracións de Eladio Fernández pódense escoitar no Podcast de COPE O Carballiño correspondente a este mércores dia 9 de marzo.