Usuarios do centro de saúde denuncian o chapuceiro asfaltado que asolagou o acceso tras as choivas dos últimos dias
Numerosos oíntes de COPE O Carballiño manifestaron as súas queixas nesta emisora de radio tras atoparse este venres 11 de marzo a entrada de acceso ao centro sanitario completamente asolagado pola acumulación de varios centimetros de auga, unha situación que provocou dificultades para os usuarios que nesta xornada trataban de entrar ao centro de saúde do Carballiño.
Ao parecer, a causa desta incidencia tras as choivas caidas nos últimos dias está na obra de asfaltado executada recentemente, que taponou os sumidoiros de pluviais.
"Chamo para denunciar pulicamente esta chapuza, é lamentable, supoño que o concello está o tanto e esixirá a empresa que fixo esto que corrixa esta chapuza", manifestou un dos usuarios que esta mañá encontrouse con estas deficientes condicións na entrada ao edificio sanitario. Outro oínte ironizaba "polo menos foran previsores e puxeran unhas barcas, espero que polo menos a empresa faga un desconto na factura".
Outro usuario tivo palabras de agradecemento para os traballadores do 061-Urxencias Médicas "pola súa boa actitude axudando ás persoas que utilizan cadeiras de rodas tanto para entrar como para saír do centro de saúde".