Un camión de Acar transportará a Polonia un cargamento de 30 palés co segundo envio do material solidario recollido por Cáritas Parroquial do Carballiño
Este martes dia 15 de marzo está previsto o segundo envio que fai Cáritas Parroquial do Carballiño, en total serán 30 palés de material solidario que xa está debidamente clasificado e etiquetado para o seu transporte ata Polonia, do que se encargará un camión da flota de Acar Operadora, con sede no parque empresarial de Xinzo de Limia.
A iniciativa para trasnportar o material partíu da Asociación de Empresarios do Polígono de Xinzo de Limia, e xa están feitas as xestións para a descarga no punto de destino, nunha zona próxima á fronteira entre Polonia e Ucrania.