Unha pelexa con arma branca provocada entre dous xóvenes na Alameda constata o repunte da violencia nas rúas do Carballiño, tal como recoñen na Policia local.
Dous xóvenes protagonizaron a primeira hora deste lúns un novo episodio violento nas rúas do Carballiño, ambos discutiron nos soportais da Alameda portando un coitelo de cociña, unha pelexa que foi presenciada por varias persoas que alertaron á Policia Local.
Tres patrullas acudiron á chamada e procederon á detención dos dous xóvenes, que trasladaron a dependencias policiais, agora o atestado policial será trasladado á sede xudicial.
Dende a Policia Local recoñecian a COPE O Carballiño un repunte dos casos de violencia nas rúas do Carballiño nos últimos meses "estamos moi por riba dos casos que viñan sendo habituais noutros anos, sobre todo coincidindo coas fines de semana, e maioritariamente entre xente moza, aínda que falamos dun fenómeno que non está sendo exclusivo do Carballiño, senón de moitas outras localidades de toda España", unhas declaracións do responsable da PL Francisco Valeiras que avalan o incremento da violencia na rúas carballiñesas nos últimos meses.