Un golazo de Markitos tras unha gran xogada combinativa do Arenteiro deixa os 3 puntos en Espiñedo
O Arenteiro sumou outros 3 puntos de ouro e volve ser, pendiente dos partidos dominicais, o equipo que suma máis puntos da categoria no que vai de ano 2022, en total son total 21 puntos, tras colleitar 6 triunfos, 3 empates e unha única derrota.
O partido desta tarde de sábado co Bergantiños estivo cheo de intensidade e emoción, e decidíuno unha gran xogada de ataque dos verdes, con ata catro toques de balón que culminaron Cruz cun centro medido á area pequena que rematou impecablemente de cabeza Marquitos. Unha primeira parte na que o Arenteiro foi netamente superior a un Bergantiños que estaba incómodo e claramente superado polo Arenteiro.
Na segunda parte, o adestrador visitante fixo cámbios para tratar de buscar unha posesión que non lograra ter en ningún momento do partido, pero o Arenteiro soubo xogarlle a un Bergantiños que apenas lograba xerar perigo real, mentres que sí o facía facía o Arenteiro, que tivo ata 3 claras ocasións para pechar o partido, primeiro nunha falta lateral que Raúl rematou fora por moi pouco cando se cantaba o gol na grada, igual que noutras sendas oportunidades que malograron Sobrido e Sylla. Non marcaron e matívose a emoción ata o pitido final, despois dun libre directo moi perigo a favor do Bergantiños que non colleu portería.
ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Germán Novoa, Pol Bueso, Joseca (Portela 83’); Raúl Blanco (Álvaro Naveira 76’), Adrián Cruz, Renan Zanelli, Álex Fernández, Markitos Alonso (Cassio Góes 71’) e José Sobrido (Alassane Sylla 83’)
BERGANTIÑOS: Santi Canedo; Blas (Cano 46’), Agulló (Brunet 58’), Hugo, Brais; Uzal (Concheiro 79’), Boedo (Martín Lamelas 79’) , Remeseiro, Yelco; Escobar e Christian (Carlos López 46’).
Goles: 1-0 Markitos Alonso 17’.
Árbitro: Guillermo Cueto Amigo (Comité Castelá-leonés). Asistentes: Lidia Lombardero Díaz y Guillermo García Presa. Non tivo complicacións nun partido moi fácil para arbitrar. Amonestacións: Cartón amrelo a Álex Fernández 18’, Blas 36’, Boedo 44’, Agulló 55’, Brunet 61’, Pol Bueso 77’, Germán Novoa 88’.
Vídeo-resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-solitario-gol-de-marquitos-dalle-o-triunfo-ao-ar...