O Carballiño recupera a "ruta das tapas" ofrecendo degustación de arroces e legumes a 2 euros os dias 1 e 8 de abril.
Despois de dous anos de parón motivado pola pandemia, a hostelería carballiñesa recupera este venres dia 1 de abril, e terá continuidade o venres da semana que ven, a "ruta das tapas" unha actividade promocionada dende a concellería de turismo do Carballiño e á que se suman desta vez un total de 16 locais da hostalaría local.
Será unha edición dedicada aos arroces e legumes, que ofertan un total de 16 locais a partir das 20:00 horas en adiante a un prezo de 2 euros a tapa.
Os participantes entrarán en sorteos mensuais e para unha información detallada desta ruta gastronómica terán a súa disposición a app "Quedamos de Tapas".