Espazo Común quere un pleno extraordinario sobre a ubicación do novo centro de saúde e o alcalde Fumega considera oportuno "coñecer o anteproxecto e logo opinar"

31, Marzo 2022

O grupo municipal de Espazo Común recorda que "pasaron máis de dúas semanas dende que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, anunciou a decisión de construir o futuro Centro de Saúde na parcela que ocupa a actual Estación de Autobuses".

Aseguran que "a día de hoxe ninguén no Carballiño sabe porque se escolleu esta ubicación, se xa é definitiva, os prazos que conleva, cantas propostas se remitiron a Santiago, e o alcalde, quen manifestou meses atrás a súa oposición a que esta fose a ubicación aínda non dixo nada ao respecto máis ca vaguedades sen sentido".

Espazo Común considera xustificado que "ante o absurdo silencio do alcalde" se celebre un pleno extraordinario no que se trate este asunto "a infraestructura máis importes que se vai construir no Carballiño nos próximos anos polo que o método Fumega de menteir e enganar pode acarrexar un importante perxuízo presente e futuro".

Agardan a convocatoria do pleno da corporacíon "con urxencia pois, no caso contrario, haberá que sospeitar unha vez máis que se esconden informacións fundamentais aos veciños".

Sobre esta cuestíon referíuse hoxe no transcurso da súa intervención en COPE O Carballiño o alcalde, que pedíu cautela e prudencia, Fumega recoñece que esta ubicación non era a súa favorita aínda que considera oportuno "coñecer o anteproxecto para poder opinar". O alcalde carballiñés espera que a elección sexa acertada e se execute un proxecto que suporá unha importante inversión de 10 millóns de euros.

No PODCAST de COPE O Carballiño do xoves 31 de marzo pódese escoitar a entrevista co alcalde do Carballiño sobre éste e outros asuntos da actualidade municipal no concello do Carballiño.
.