Gran afluencia de público na apertura da Semana Santa da Cofradía da Veracruz
O Templo da Veracruz acolleu o acto de apertura da Semana Santa do Carballiño 2022, organizada pola Cofradía da Veracruz, e no que se procedeu á bendizón dunha nova imaxe que se incorpora ao patrimonio da cofradía carballiñesa, a de San Xoán Apóstol.
Trátase dunha obra do imaxineiro sevillano Manuel Madroñal Isorna, en estilo neobarroco, bendicíuna o párroco Jorge Juan Pérez Gallego, nun acto que contou con numeroso público que encheu o templo carballiñés.
Antes, polas rúas do Carballiño, e despóis na Veracruz, a Banda de Müsica da NOsa Señora do Nordés de Ferrol, solemnizou a xornada coa súa música, con sons propios da Semana Santa. A