O último ano rexistra un incremento da compra-venda de vivenda no Carballiño e nos concellos da comarca
Deespóis de tocar fondo no ano 2020, O Carballiño recuperou o mercado inmobiliario en 2021, cun incremento do 25,61% no número de transaccións inmobiliarias en relación ao ano anteriror, alcanzándose a cifra das 103 opereracións de compra-venda de vivendas, das que 88 foron vivendas de segunda man, según os datos que recolle o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, que se ocupa da vivenda.
Nos demáis concellos, e durante o ano 2021, tamén se aprecia un leve incremento no número de operacións de compra-venda formalizadas, destacando Leiro con 19 vivendas. En Maside e San Cristovo de Cea leváronse a cabo 13 transaccións inmobiliarias, respectivamente en cada un dos concellos.
Despóis, aparece Boborás con 10 transaccións inmobiliarias realizadas, Punxín con 9, tamén foron 9 as operacións de compra-venda de vivenda no concello do Irixo, 6 en Avión, 5 en San Amaro, 4 en Beariz e completa a relación o concello de Piñor, onde tan so se formalizaron dúas transaccións durante o ano 2021.