2 MESES CO BURATO DE AViAQUA SEN TAPAR EN ELFE (VARÓN)
Fai máis de dous meses que os de Aviaqua se lles ocorreu facer un burato no camiño que vai a Fontentiga e o Pazo Ludeiro, pensando que alí había unha fuga de auga. Penso que xa transcorreu tempo dabondo para ser tapado. Xa temos o camiño nun estado bastante lamentable como para que nos veñan facer buratos innecesarios e inda por riba non nos tapan.