66 equipos participarán a próxima fin de semana -sábado e domingo- na Subida Automobilística á Saleta
A XXIII Subida A Saleta levarásé a cabo os días 7 e 8 de Maio e terá un percorrido de 4.3 quilómetros e catro mangas, que se correran nesta estrada da Saleta entre os concellos do Carballiño e Boborás, que colaboran coa organización que está a cargo da Escudería AGE MOTORSPORT.
O Sábado 7, ás 9.30 horas terán lugar as verificacións técnicas. Ás 14.30 horas procederase á saída dos vehículos dende o Parque Pechado. Pola tarde, ás 15.30 horas comezarán os adestramentos oficiais, ás 18.00 horas disputaráse a primeira manga e ás 20.00 horas a segunda. O Domingo 8, ás 09.30 horas darán inicio os adestramentos oficiais. Ás 11.30 horas comezará a terceira manga e a continuación dará inicio a cuarta e ultima manga. Ao finalizar darase paso á entrega de trofeos no Pazo da Almuzara.
Alfonso García, presidente do comité organizador, confirmou en COPE O Carballiño que son 66 os equipos inscritos, unha cifra "que está por riba das expectativas que tiñamos para este ano", subliñou.
Na foto, García xunto á alcaldesa de Boborás Patricia Torres e o alcalde carballiñés Francisco Fumega acompañan a José María Magdaleno, un dos pilotos e organizadores históricos da Subida á Saleta, e ao que veñen de homenaxear esta pasada fin de semana, recoñecendo asi a súa traxectoria nesta mítica proba do automobilismo galego, que tivo as súas primeiras edicións a principios da década dos anos 70 do século pasado, aínda que estivo moitos anos sen celebrarse ata que foi recuperada a súa organización en 2019 por AGE MOTORSPORT.