A Cruz Vermella recadou 2.792 euros nos dous pases da orquestra Panorama no Carballiño
A xornada tiña carácter solidario e por ese motivo pedíaselle aos espctadores que acudiron este xoves ao espectáculo da orquestra Panorama na Praza da Veracruz que fixeran un donativo de 3 euros, para axudar ás persoas ucraínas refuxidas.
A Cruz Vermella recadou 2.792 euros aportados polos espectadores que acudiron aos dous pases que ofreceu a orquestra no Carballiño, unha cantidade á que haberá que sumar os donativos recollidos pola pizzería carballiñesa promotora desta xornada musical, polo que a Cruz Vermella agarda que a recadación final poida superar os 3.000 euros.